DIFAMACIÓN DAS RELIXIÓNS
186 organizacións contra o anteproxecto de Resolución
28 de Marzo de 2009
Mais de 180 organizacións de defensa dos direitos de todo o mundo opoñen-se a que a ONU aprove unha resolución contra a "difamación de relixións", que criminalizaria a crítica às relixións.
O anteproxecto de resolución para "combater a difamación das relixións" foi apresentado por Paquistán, en nome da Organización da Conferéncia Islámica (OCI), na sesión en curso do Consello de Direitos Humanos da ONU. Ainda que o texto alude frecuentemente à necesidade de protexer todas as relixións, a única que se cita especificamente é o islam.
A OCI, unha organización inter-governamental que abranxe 57 estados en que a populación é maioritariamente, ou nunha elevada percentaxe, musulmana, intensificou a sua campaña para que o conceito de "difamación relixiosa" sexa agregado às resolucións da ONU após os atentados do 11/S. A raiz da publicación en 2005 das caricaturas dinamarquesas, a presión para protexer as relixións da difamación cobrou un novo impulso
As asociacións de defensa da liberdade de expresión argumentan que as persoas crentes teñen direito de non seren submetidas a discrimnación por razón da sua fé e que están protexidas polo direito internacional. Mais non poden pretender, afirman, que a sua relixión estexa libre de toda crítica.
Aliás, subliñan, as resolucións "poden ser utilizadas nalguns países para silenciar ou intimidar activistas de direitos humanos, disidentes e outras voces críticas", asi como para lexitimar leis arcaicas contra a blasfémia, que continuan en vigor en muitos estados da UE.
Alertan tamén do risco que o conceito "difamación das relixións" se filtre noutros encontros, como por exemplo a próxima conferéncia mundial de seguimento contra o racismo, que terá lugar en Xenebra no mes de Abril e instan os governos a se oporen a esta campaña que se fai "contra as liberdades básics e direitos humanos individuais".
Ver aqui a declaración conxunta.
Categoría: Xeral |
