Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


1-3 DE MARZO EN BARCELONA

1ª Sesión do Tribunal Russell sobre Palestina

03 de Febreiro de 2010

Os dias 1, 2 e 3 do próximo mes de Marzo terá lugar en Barcelona a primeira sesión do Tribunal Russell sobre Palestina. Trata-se de unha iniciativa da sociedade civil internacional que, recuperando o espírito do histórico Tribunal Russell sobre Vietnam reunido no ano 1967, procura xulgar as violacións do direito internacional de que é vítima a populación palestina e que a privan de ter un estado soberano. Ainda que as suas conclusións non son vinculantes, a tarefa do Tribunal basea-se na lexislacion internacional e conta con a participación de persoas expertas e xuristas de sona mundial. Esta primeira sesión, que se celebrará no Paraninfo da Universitat de Barcelona, centrará-se na cumplicidade da Unión Europea no incumprimento das Resolucións da ONU sobre Palestina.
Para asistir às sesións é preciso realizar a pré-inscripción.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral