Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


ACTIVIDADES DA CPT EN XENEBRA

12 de Decembro de 2006
O 4 de Decembro, Jorge del Cura e Julen Arzuaga -membros da Coordenadora para a Prevención da Tortura- xunto con Eric Sottas -Director da Organización Mundial contra a Tortura- apresentaron en Xenebra, no ámbito das Nacións Unidas, o relatório Violacións de Direitos Humanos no Estado Español, que recolle as recomendacións emitidas polos organismos internacionais mais prestixiosos e as conclusións da Conferéncia para a Prevención da Tortura de Febreiro de 2006.

No acto, auspiciado pola OMCT, denunciou-se asi mesmo a falta de transparéncia do governo español na implementación do Protocolo Facultativo das Nacións Unidas e mais en concreto a proposta de Leopoldo Torres Boursault, jurista de obscura traxectória profisional, como representante español no Subcomité Internacional, organismo que deverá estar formado por dez persoas de recoñecida experiéncia e prestíxio neste ámbito.

A Coordenadora tamén fixo chegar a sua preocupación a outras instituicións e organismos das Nacións Unidas.

Categoría: Xeral