ADMITIDA A TRÁMITE UNHA PETICIÓN CONTRA A CENSURA INFORMATIVA NO 11-M
20 de Decembro de 2004
A Comisión de Peticións da UE admitiu a trámite a Petición do Movemento polos Dereitos Civis en relación con a censura informativa sobre o 11-M ao considerar que incide no ámbito de actividades da Unión.
No entanto, surprendentemente, a petición non será estudada por nengunga instáncia europea porque, segundo se afirma no escrito de resposta, “a Comisión de Peticións non se encontra en disposición de abordá-la a fondo”.
Esta é a segunda vez que o Movemento polos Directos Civis vé como a Comisión de Peticións do Parlamento Europeu admite a trámite unha petición sua e despois non investigan os feitos denunciados.
Na primeira ocasión, a petición –relacionada con a censura informativa sobre a catástrofe do Prestige- foi admitida a trámite o 4 de Novembro de 2003 e neste caso a Comisión Europea afirmara non estar en condicións de reclamar responsabilidade ao Governo Español por este non ter ratificado a directiva europea correspondente.
O Movemento polos Directos Civis enviou unha solicitude aos Parlamentários da Comisión das Liberdades e dos Direitos dos Cidadáns, da Xustiza e dos Asuntos Internos elexidos no Estado Español que que acumulen as duas peticións con o Relatório 2003/2237 desta Comisión, en que se analisa a situación da liberdade de expresión e información na UE, ao tempo que reclamou ao Ombudsman que obrigue a Comisión de Petición a cumprir a sua función de dar a saída oporturna à petición admitida a trámite.
Categoría: Xeral |
