Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Gestoras pro Amnistía

AEU denuncia vulneración de direitos no E.E.

26 de Abril de 2008
“A Asociación de Advogados Europeus Democratas (AED) tivo coñecimento da abertura do xuízo oral en relación ao sumário 33/01 contra as organizacións Gestoras pro Amnistía e Askatasuna, dedicadas a actividades públicas en denúncia de violacións de direitos humanos e à solidariedade con as persoas presas e con as vítimas destas violacións. Neste procedimento están imputadas 27 persoas, entre elas o advogado Julen Arzuaga, representante de Eskubideak na nosa asociación.

A AED desde hai vários anos mostrou a sua preocupación en repetidas ocasións en relación a procedimentos seguidos perante a Audiéncia Nacional, entre outros o Sumário 18/98, pola ...

aplicación dunha série de leis de excepción que vacian de contidos princípios universais do direito, garantias básicas e direitos fundamentais da persoa detida e procesada. A interpretación extensiva de tipos terroristas e a aplicación desta lexislación excepcional, deu lugar à vulneración de direitos fundamentais, do direito à defensa e do direito à presunción de inocéncia.

Neste contexto, devemos mostrar a nosa preocupación polas condicións en que se desenvolveu a instrución deste sumário. Entre outras, a entrada e rexisto de bufetes sen as garantias devidas ao segredo profisional e à confidencialidade das comunicacións con os clientes; a dilación indevida do proceso e o abuso das medidas cautelares, tais como a prisión preventiva até o máximo de catro anos e a suspensión xudicial da actividade destas asociacións.

Por todo isto, queremos facer constar que:

- Denunciamos a vulneración do direito à defensa e ao segredo profisional.
- Esiximos a derrogación de tribunais de excepción tais como a Audiéncia Nacional.
- Rexeitamos a criminalización do exercício do direito à defensa con o fin de limitá-lo.
- Rexeitamos a arbitrária e inadmisível extensión do conceito de terrorismo até atinxir actividades públicas e democráticas acollidas ao direito da liberdade de expresión e à acción política e social libre.

A AED acompañará de perto o proceso 33/01 para, no seu caso, denunciar e facer públicas as vulneracións que puderen producir-se en relación ao direito a un xuízo con todas as garantias e ao exercício ao direito à defensa.


Amsterdan, 19 de Abril 2008.

Categoría: Xeral