ALTO, POLICIA
23 de Setembro de 2007
“Usted callado”, “Señora no se entrometa”, “Quietos todos”, foron as únicas explicacións que deron os dous axentes que o pasado 20 de Setembro detiveron ilegalmente en Barrantes o mozo Miguel Ángel Gómez, vítima dunha brutal acción policial desencadeada por un erro da polícia.O relato dos feitos ("A policía persegue a tiros a un mozo de Barrantes"), confirmados polas próprias forzas de seguranza do estado, arrepia, tanto pola violéncia da actuación dos axentes como pola impunidade con que parecen mover-se à marxe da lei.
Categoría: Xeral |
