APRESENTADA EN GALIZA A CAMPAÑA DA CPT
18 de Febreiro de 2005
APRESENTADA EN GALIZA A CAMPAÑA DA CPTO 17 de Febreiro, foi apresentada aos meios de comunicación galegos a campaña que a COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA pon en marcha con o fin de conseguir que o Estado Español ratifique e execute o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas.
A COORDENADORA, apoiada xa por mais de trinta asociacións de defensa dos direitos fundamentais e as liberdades públicas, ten previsto realizar actividades orientadas a sensibilizar a opinión pública sobre a importáncia da ratificación deste Protocolo e recoller apoios à campaña.
Neste sentido, os próximos dias 22 e 23, unha delegación da Coordenadora manterá entrevistas con representantes dos tres grupos do Parlamento a fin de estudar conxuntamente a posibilidade de a Cámara Galega apoiar activamente esta iniciativa.
Categoría: Xeral |
