A COORDENADORA CON O VALEDOR
17 de Marzo de 2005
O 17 de Marzo a Coordenadora para a Prevención da Tortura mantivo unha entrevista con o Valedor do Pobo para solicitar o seu apoio à iniciativa da plataforma a favor da asinatura, ratificación e execución do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das NN.UU.A delegación da Coordenadora entregou ao Valedor diversos documentos en que se acredita a prática de tortura e maus tratos en comisarias e cárceres do Estado español, as recomendacións para prevenir esta prática elaboradas por Amnistia Internacional, Human Rights Watch, o Relator Especial da ONU, o proxecto Challenge, etc. asi como o texto íntegro do Protocolo cuxa execución se solicita, a relación de asociacións que apoian a campaña (mais de trinta nestes momentos) e a relación de estados que xa asinaron e/ou ratificaron o Protocolo.
O Valedor comprometeu-se a examinar detidamente a documentación entregada e estudar a posibilidade de realizar as xestións solicitadas pola Coordenadora:
-Instar o governo español a asinar, ratificar e executar o Protocolo.
-Prestar publicamente o seu apoio a esta iniciativa.
-Facer xestións con os valedores doutras comunidades para estudaren a posibilidade de unha actuación conxunta neste mesmo sentido.
Categoría: Xeral |
