Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


A CPT PROTESTA

28 de Xuño de 2006
As 41 asociacións que forman a Coordenadora para a Prevención da Tortura, acaban de facer público un comunicado en que manifestan a sua indignación polo brutal comportamento de polícia e as declaracions do Alcalde de Barcelona contra os xovens que protestavan contra a construción de novos centros de internamento de imigrantes.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura, integrada por:

Acció del Cristians per l’Abolició de la Tortura (ACAT), Alerta Solidària, Asociación APOYO, Asociación EXIL, Associació Catalana per la Defensa dels Drets Humans, Associaçaô Contra a Exclusâo pelo Desenvolvimento, Asociación Contra la Tortura, Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia, Asociación Libre de Abogados, Associació memoria Contra la Tortura, Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía, Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA), Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Huamnos – Euskal erico Giza Eskubideen), Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES), Centro de Documentación Contra la Tortura, Comissió de Defensa de l’Il•lustre Col•legi d’Advocats de Barcelona, Comité Anti-Sida de Lugo, Concepción Arenal, Comité de Solidaridad con Euskal Herria de Madrid, Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia, Coordinadora Contra la Marginació de Cornellà, Coordinadora de Barrios de Madrid, Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas, Esculca (Observatorio para a defensa dos directos e liberdades), Eskubideak (Euskal Abokatuen Alkartea), Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea), Federación de Asociacions de Loita contra a Droga, Federación Enlace, Fundación Érguete, Gurasoak, Institut de Drets Humans de la Universidad de Barcelona, Justicia i Pau, Movemento polos Dereitos Civis, Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universitat de Barcelona, PreSOS Extremadura, PreSOS Galiza, Rescat, Salhaketa (Bizkaia), Salhaketa (Áraba), Torturaren Aurkako Taldea, Santurtziko Torturaren, Kontrako Taldea, Xusticia e Sociedade,

MANIFESTA

Perante os acontecimentos do pasado fin de semana en Barcelona, en que resultaron feridas 60 persoas pola Polícia após unha acción pacífica en contra da construción do Centro de Internamento de Estranxeiros de Zona Franca, as organizacións sociais e profisionais que asinamos este escrito, manifestamos o seguinte:

1) O Estado social e democrático de direito non pode permitir o mantimento de auténticos “buracos negros” como son un tipo de Centros policiais, non penitenciários, sen inspección xudicial, onde son recluídas persoas que non cometeron delitos e onde son encerradas até seren expulsadas do estado, ou da sociedade, ao seren condenadas a un limbo xurídico como é o de circular polas ruas sen papéis, isto é, sen direitos.

2) Contra semellante xestión punitiva da imigración, uns xovens manifestaron simbólica e pacificamente entrando no maior destes Centros que se edifica no Estado español. Os seus advogadsos, membros do “Legal Team” previsto en toda a Europa para prevenir posíveis vulneracións dos direitos fundamentais, estavan fora das instalacións. Todas as persoas: manifestantes, advogados, e mesmo xornalistas que cobrian a acción, foron brutalmente detidas pola Polícia, a pesar de teren sido, todas, previamente identificadas, sen que se xustifique portanto a privación da sua liberdade.

3) Do momento en que as detiveron e recluíron no Centro de La Verneda, as 60 persoas foron vítimas de todo tipo de vexacións (entre outras insultos, golpes, privación de comida e água a pesar das elevadísimas temperaturas, obrigación de permaneceren horas de pé ao sol). Foron privadas da sua liberdade durante todo o sábado 24, o domingo 25 e non foron postas a disposición xudicial até ao 26, demorando-se de modo absolutamente desnecesário a recuperación da sua liberdade (pois o domingo todos cumpriran xa o trámite de declaración perante a Polícia). As condicións, o ateigamento en instalacións verdadeiramente repugnantes como relatan as persoas detidas, foron piorando progresivamente.

4) O 26, todas foron postas en liberdade pola autoridade xudicial. Apesar diso, a Polícia criminalizou o protesto atribuindo às persoas detidas vínculos con organizacións filo-terroristas. O Alcalde de Barcelona e outras autoridades públicas incidiron nas mesmas imputacións, en lugar de atenderen as reclamacións contra o comportamento policial denunciado.

As organizacións abaixo asinantes mostramos a nosa absoluta repulsa polo comportamento policial e polas tentativas de criminalizar unha resposta que agrupa profisionais, estudantes e organizacións non governamentais que continuaremos denunciando e luitando contra un modelo punitivo baseado na criminalización da pobreza e o protesto.

O pasado 26 de Xuño a ONU comemorou o dia mundial contra a tortura e o submetimento a tratamentos cruéis, desumanos ou degradantes.

En Barcelona, a 28 de Xuñode 2006

Categoría: Xeral