COMITÉ PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA DA ONU
A CPT reclama transparéncia na apresentación de candidaturas
26 de Abril de 2009
O pasado dia 31 de Marzo, a Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) dirixiu-se à Secretária Xeral Técnica do Ministério do Interior (Sra. González García) para solicitar unha entrevista a fin de coñecer os pormenores do proceso de designación dos tres nomes que o governo español deverá apresentar ao Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa como candidatos a representar o Reino de España neste este organismo.
Segundo a Resolución 1540 (2007) da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa, este proceso há de ser público e a CPT reclama información sobre fases e prazos do proceso asi como sobre os requisitos que han de reunir as persoas que eventualmente foren designadas. Información que noutros estados (p.ex. o Reino Unido) é facilitada de ofício às organizacións civis para que estas podan apresentar alegacións, comentários e candidaturas.
Ver aqui o escrito da CPT.
Categoría: Xeral |
