INVESTIGA A INVASIÓN DO IRAQUE
A Comisión Chilcot revela informacións que comprometen Tony Blair
14 de Marzo de 2010
Apesar das óbvias fraquezas da Comisión Chilcot (que investiga as causas da participación do Reino Unido na invasión do Iraque), ao longo dos interrogatórios produciron-se algunhas revelacións surprendentes. Asi, por exemplo, David Manning, ex-asesor de política exterior de Baliar, desvelou “a vontade do primeiro ministro de acometer a mudanza de rexime no Iraque pola forza”.
Tamén se filtraron à comisión alguns documentos interesantes, como o que revela que “o RU participaria en accións armadas a condición de se criar unha coaligación internacional e unha campaña para moldar a opinión pública”, ou outro dos servizos de intelixéncia que informan a Blair da “capacidade insignificante de produción de armas de destruición masiva” do Iraque.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
