Migración
A Directiva da Vergoña
10 de Novembro de 2008
Pouco mais de tres meses depois de o Parlamento Europeu ter adoptado a directiva ‘retorno’, que institucionaliza a detención xeneralizada das persoas estranxeiras, Réseau Migreurop constata que os estados europeus van adecuando paulatinamente a sua lexislación à lóxica desa norma.
En Itália, onde desde hai anos é costume decretar periodicamente o ‘estado de urxéncia’ con o pretexto dunha suposta e iminente ameaza de invasión, o Consello de Ministros decidiu duplicar o número de centros de detención de persoas estranxeiras que van ser expulsadas e construir centros fechados para recluir aquelas que demanden asilo.
Segundo o ministro Maroni, o período de detención será prolongado até 18 meses (na actualidade é de 60 dias). Por outra parte, desde o mes de Xullo, efectivos militares comezaron a colaborar con as forzas de seguranza que controlan os centros de identificación e expulsión (CIE), aos que as asociacións de direitos humanos teñen aceso mui limitado. Tamén no Reino de España, onde as denúncias de violéncia policial son constantes, os períodos de detención prolongan-se cada vez mais e nega-se de maneira sistemática o aceso ao interior dos centros de detención às asociacións que reclaman desde hai tempo maior transparéncia.
Na Franza, numerosas asociacións denunciaron as consecuéncias da chamada ‘politica da cifra’ que leva a cabo o governo na sua tentativa de pór fin ao lavor de defensa dos direitos das persoas estranxeiras que realiza a CIMADE.
O obxectivo desa política é reducir o traballo da CIMADE aos aspectos estritamente informativos e suprimir calquer posibilidade de escrutínio da sociedade civil do que acontece no interior dos centros de detención de imigrantes. “As adverténcias das numerosas voces que se ergueron contra a directiva de ‘retorno’ estavan ben fundadas” –conclui Migreurop-. “En nome da luita contra a imigración irregular, e con o pretexto de responder às expectativas da opinión pública, a detención está en vias de se converter-se na regra, no cadro de unha temível harmonización europea.... Se optarmos pola inacción, o alargamento dos prazos, a desumanización ou a opacidade serán a norma en todos os lugares de reclusión administrativa de persoas estranxeiras”.
Para o evitar, Migreurop lanza unha campaña reclamando o direito da sociedade a fiscalizar os lugares de detención con o fin de:Aos Estados:
- dar a coñecer as condicións en que se encontran as persoas estranxeiras retidas nestes centros;
- alertar a sociedade e defender os direitos destas persoas;
- informar das consecuéncias destas detencións e das situacións que levan à violación dos direitos das persoas migrantes.
À Unión Europea:
- que garantan legalmente e sen restricións o direito de aceso da sociedade civil e das ONG aos lugares de retención de persoas estranxeiras;
- que garantan o controlo regular de organizacións independentes da situación das persoas migrantes nestes lugares de retención;
- que informen a sociedade civil sobre a situación nestes centros de retención, dando a coñecer o seu número e a forma de funcionamento.
a criación dun instrumento que obrigue os Estados membros a proporcionaren à sociedade civil o direito de aceso efectivo aos lugares de retención de persoas estranxeiras.
- a instauración de un mecanismo de controlo da situación nestes lugares de detención, tanto nos Estados membros como nos paises con os que a UE asinou acordos migratórios, nomeadamente mediante visitas regulares de organizacions independentes dos Estados membros. Solicita-se tamén a apresentación de relatórios –como mínimo anuais- no Parlamento Euroepu sobre a situación nestes lugares de detención.
- a obrigación dos Estados membros de garantiren às persoas migrantes detidas aceso efectivo a un sistema de defensa dos seus direitos independente dos poderes públicos.
Categoría: Xeral |
