Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


A FAVOR DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

28 de Marzo de 2008
Trinta-e-umnha asociacións civis de todo o mundo, a maioria delas pertencentes a estados da Organización da Conferéncia Islámica (OCI), fixeron público un comunicado en que instan o Consello de Direitos Humanos a protexer o mandato do Relator Especial para a Promoción e Protección do Direito de Expresión e Opinión e rexeitar a amenda proposta pola OCI no decurso da 7ª sesión do Consello, informa Internacional Freedom of Expression Exchange (IFEX).


Entenden estas asociacións que a emenda proposta pretende limitar o direito a criticar ideas relixiosas e estabeleceria un perigoso antecedente ao limitar o alcance da liberdade de expresión, perfeitamente regulada nos Artigos 19 e 20 do Convénio Internacional de Direitos Civis e Políticos, onde se rexeita o incitamento ao ódio baseado en razóns de nacionalidade, raza ou relixión mais onde tamén se protexe a crítica, incluída a crítica política e dos sistemas e ideas relixiosas. “A lexislación internacional protexe a reputación de indíviduos, non de valores abstratos ou instituicións”, subliñan.

Categoría: Xeral