CADEA PERPÉTUA PREVENTIVA
A Haia recusa o modelo alemán
24 de Xuño de 2010
O modelo alemán de cadea perpétua preventiva, instaurado en 1933 polo governo nazi, contemplava até agora a posibilidade de recluir en prisión durante tempo indefinido persoas que foran condenadas en várias ocasións como medida de seguranza preventiva para protexer a sociedade de persoas potencialmente perigosas.
En 1970, unha reforma da lei restrinxiu a sua aplicación ao incorporar alguns requisitos como, por exemplo, a obrigación de ter en conta a situación da persoa acusada e de non poder exceder, a primeira vez, os 10 anos.
No entanto, o governo dos verdes e a socialdemocracia esvaiu estes requisitos mediante outra série de reformas legais.
En 1998 foi abolida a duración máxima de 10 anos en caso de primeira aplicación. En 2002 foi permitida a condena a cadea perpétua con posterioridade à sentenza. En 2004 foi estendida a persoas entre 18 e 21 anos. Schröder gañou fama con olema "Encerrar. Para sempre", que pronunciou durante unha entrevista publicada en 2001 no Bild. Das 182 persoas condenadas a cadea perpétua preventiva en 1982 chegou-se a meados de 2008 ao número de 448.
Agora o Tribunal Europeu limita a extensión desta condena afirmando que incumpre a Convención Europea de Direitos Humanos.
A Haia considera ilegal a aplicación destas penas a persoas condenadas previamente às reformas promovidas desde 1998. Segundo o Tribunal, tal aplicación supón unha pena retroactiva. Alemaña argumenta que a proibición da retroactividade non afecta a cadea perpétua preventiva porque o Governo define-a como medida de seguranza.
Incrivelmente, o tribunal non obxetou a instituición da cadea perpétua preventiva en si. De resto, no ámbito europeu crece o número de países que aplican estas penas. Na última década voltaron introduci-la dinamarca, os Paises Baixos, Noruega, Franza, Reino Unido, Suíza e Aústria.
Fonte: Periódico Diagonal (23-06-2010)
Categoría: Xeral |
