Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


ORWELL 2010

A UE vixiará activistas "radicais"

01 de Xullo de 2010

Entre os logros da Presidéncia española da UE, pasou praticamente despercebida a aprovaciónde un programa de vixiláncia e recolección sistemática de dados persoais de cidadáns suspeitosos de experimentaren un proceso de "radicalización". Este programa pode dirixir-se contra indivíduos involucrados en grupos de "extrema esquerda ou direita, nacionalistas, relixiosos ou anti-globalización", segundo figura nos documentos oficiais.
O pasado 26 de Abril, o Consello da UE reunido en Luxemburgo abordou o ponto da orde do dia intitulado "Radicalización na UE", que concluiu con a aprvación do documento 8570/20. A iniciativa forma parte da estratéxia de prevención de terrorismo en Europa, e foi concebida inicialmente para grupos terrorists islámicos. No entanto, o documento estende a suspeita de tal forma e en termos tan xenéricos que dá cobertura à vixiláncia policial de calquer persoa ou grupo suspeitosa de se ter radicalizado. Asi, un activista de unha organización civil, política ou cidadán, sen vínculos con o terrorismo, pdoeria ser espionado no marco de un programa que convida a investigar desde o "grau de compromiso ideolóxico ou político" da persoa suspeitosa, até se a sua situación económica é de "desemprego, deterioramento, perda de unha bolsa ou de axuda financeira+

O programa completo de vixiláncia está recollido nun documento anterior, o 7984/10, intitulado "Instrumento para armacenar dados e información sobre procesos de radicalización violenta", de carácter confidencial, que pudo ser coñecido grazas a que Statewatch o fixo público. O observatório británico denunciou no seu momento que este programa "non se dirixe en primeiro lugar a persoas ou grupos que pretendan cometer atentados terroristas senon a xente que ten pontos de vista radicais, aos que define como propagadores de mensaxes radicais"..


Mais información aqui.



Categoría: Xeral