Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DENÚNCIA DA CIG À AEPD

A Xunta transfere dados de dependentes a empresa privada

26 de Agosto de 2010

O pasado 18 de Agosto a CIG apresentou denúncia a Axéncia de Protección de Dados (AEPD) pola cesión de expedientes da Lei de Dependéncia e dados sensíveis neles contidos, sen o consentimento das persoas interesadas, a unha empresa privada (Indra Sistemas).
Entre os dados sensíveis que agora están en poder desta empresa figuran os informes de condicións de saúde da persoa afectada, informes sociais de valoración da dependéncia, declaración das persoas que as cuidan asi como de responsáveis patrimoniais.
Significativamente, a Consellaria de Traballo da Xunta parece querer compensar esta irresponsável transferéncia de información privada con o secretismo mais absurdo cando se trata da empresa, da que nun primeiro momento se negou a revelar mesmo o nome.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral