CENTAUROS, ZODÍACOS E ALAZÁNS
À caza de imigrantes
27 de Setembro de 2009
A Polícia Nacional non só mantén en Madrid os cupos de detención das persoas migrantes en situación irregular que en Febreiro denunciaron os principais sindicatos policiais e as asociacións de imigranets, senon que nos últimos meses incorporou a estas tarefas unidades especiais de seguranza cidadá como a Sección de Reacción y Apoyo (SERA), tamén coñecida como os Centauros, alén de os Zodíacos ou os Alazáns.
Apesar do desmentido do Ministério de Interior e da Xefatura Superior da Polícia de Madrid, fontes policiais denuncian que os Centauros teñen un obxectivo fixo cada xornada: deter dous imigrantes ilegais por cada coche patrulla e levá-los a comisaria, ainda que iso supoña às veces desatender outras chamadas importantes como un roubo con violéncia ou un atraco.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
