Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PROPOSTA DE RESOLUCIÓN

A favor da supresión do financiamento da igrexa católica

22 de Xullo de 2010

O Grupo Parlamentar Esquerrra Republicana – Izquierda Unida – Iniciativa per Catalunya Verds apresentou no Congreso dos Deputados unha Proposta de Resolución sobre o financiamento de confisións relixiosas.
Lembran na Proposta que no seu artigo II.5 o Acordo asinado en 1979 entre o Vaticano e o Estado español “A Igrexa Católica declara o seu propósito de lograr por si própria os recursos suficientes para a atención das suas necesidades. Cando este propósito for conseguido ambas as partes porán-se de acordo para substituir os sistemas de colaboración financeira”. Mais, decorridos 31 anos, a igrexa católica continua a ser subsidiada polo estado.
Este sistema non só non foi revisado senón que nos últimos anos aumentou a percentaxe de asignación do IRPF (de 0’52% ao 0’70%). Aliás, a igrexa católica continua mantendo outros priviléxios que non foron submetidos a revisión.
A Proposta insta o governo a incorporar no Proxecto de Lei de Reforma da Lei orgánica de Liberdade Relixiosa as medidas que garantan o autofinanciamento das confisións relixiosas suprimindo a asignación tributária e o resto dos benefícios fiscais, con o fin de asegurar a igualdade entre as crenzas e a neutralidade relixiosa do estado.



Categoría: Xeral