Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PROPOSTA NON DE LEI CONTRA A TORTURA

A favor de un mecanismo de prevención galego

23 de Novembro de 2009

O pasado 6 de Novembro, o grupo parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa do deputado Carlos Aymerich Cano, apresentou na cámara galega unha Proposición non de Lei relativa à prevención da tortura e outros tratamentos e penas cruéis, desumanos ou degradantes en que se critica a insisténcia do governo español en negar a evidéncia da prática da tortura no Reino de España, como demonstran os estudos publicados por Amnistia Internacional e a Coordenadora para a Prevención da Tortura.

No texto, o Sr. Aymerich Cano, lembra que o Parlamento Galego xa aprovara no seu dia (13/11/09) unha Proposición non de Lei en que se instava a Xunta a pór en andamento, prévia interlocución con as organizacións da sociedade civil, un mecanismo de prevención con as competéncias e funcións estabelecidas no Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura da ONU.

Ver aqui o texto da PNdL.



Categoría: Xeral