CARTA DE REPÚBLICA E LAICIDADE
A favor do ensino e o espazo escolar laicos
26 de Xullo de 2010
A Asociación cívica República e Laicidade (ARL) enviou o pasado 22 de Xullo escrito à Ministra da Educación do governo portugués, Isabel Alçada, en que insta as autoridades educativas a tomar as medidas necesárias para garantir "o inteiro respeito futuro pela não confessionalidade do ensino e do espaço escolar" e impedir "situações de laxismo ou de desafio directo à Constituição da República Portuguesa.", despois de ter tido coñecimento do do Despacho n.º 17/2010 da Presidência do Governo Regional da Madeira, en que se determina oficialmente manter os crucifixos nas escolas desa rexión.
A ARL lembra que xa alertara o Ministério da Educación no ano 2005 sobre a presenza de símbolos relixiosos nas salas de aula e noutros espazos de escolas públicas e sobre a realización de cerimónias relixiosas rituais neses mesmos espazos, con a participación de alunos, docentes e funcionários. Denúncia que reiterou no ano 2009.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
