Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


ASASINATO DE ACTIVISTAS EN GAZA

A indignación non é suficiente

31 de Maio de 2010


CONVOCATORIA : DIANTE DO PARLAMENTO - ÀS 20:30

Reclamamos o fin da política de consentimento às atrocidades de Israel

O ataque perpertrado a pasada madrugada contra centos de activistas que transportavan axuda humanitária à castigada Faixa de Gaza, con un saldo arrepiante de persoas mortas, feridas e presas, pon  a comunidade internacional diante da obrigación ineludível de tomar medidas para que o estado de Israel non continue cometendo atrocidades.

Non é momento de mostrar consternación, non é momento de manifestar indignación. É hora de actuar. De acabar de vez con a política de consentimento à limpeza étnica, aos crimes contra a humanidade, às constantes violacións de direitos humanos, ao desprezo dos organismos internacionais, às mentiras e burlas de Israel.

A  Unión Europea e o seu presidente actual, Sr. Rodríguez Zapatero,  non teñen alternativa: ou deteñen con enerxia e decisión os crimes de Israel ou saberemos que son cúmplices de xenocídio, como cúmplices dos responsáveis dos campos de extermínio foron aqueles dirixentes políticos que hai agora mais de 70 anos consentiron, con a sua política de apaciguamento do nazismo emerxente, as invasións e crimes que desembocaron na traxédia da II Guerra Mundial.

Nada xustifica a inacción. Non hai interese económico ou militar que escuse a pasividade.

Instamos os membros do Parlamento Galego a dirixir-se ao presidente da UE, Sr. Rodríguez Zapatero, para reclamar o cesamento imediato de relacións comerciais e militares con Israel e a adopción de medidas que freen a sua política xenocídia.

Apelamos à conciéncia cívica de deputadas e deputados para que expresen a sua opinión e actuen en conformidade con as suas conviccións, sexa cal for a política oficial do partido que representan na cámara.

A sociedade galega ten que coñecer a condición ética e moral dos seus presentantes.

Lugar: Porta do Parlamento de Galicia, Rúa do Hórreo, 63 - Santiago de Compostela
Hora: 20.30 h.
Teléfono de contacto: Manuel Vicente, Pallasos en Rebeldía  619 933 348



Categoría: Xeral