Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


OFENSIVA CONTRA A IMIGRACIÓN

A traxédia de Lampedusa

24 de Agosto de 2009

Dos 78 imigrantes eritreos que se atiraron à água con a esperanza de chegar a território europeu, apenas cinco lograron sobreviver. O resto morreu por esgotamento. os seus corpos foron lanzados ao mar.

Segundo testemuños do sobreviventes, nengun dos barcos con os que se cruzaron durante a travesia, que comezo en Líbia, se ofereceu a os resgatar. "Esperávamos que algun nos tendese unha corda, unha escada... mais só nos deron pan, algo de comer e algunhas garrafas de água", relatou un dos sobreviventes, que explicou que os pasaxeiros de un barco lles deron combustível e arrancaron o motor da embarcación, indicano-lles a dirección para Lampedusa e dexando-os entregados à sua sorte.

Laura Boldrini, portavoz o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), lamentou que "o medo prevalecese sobre o dever de dar asisténcia no mar", en referéncia à duras leis do governo Berlusconi que prevé a imposición de fortes sancións económicas, e mesmo pena de cárcere, para quen axude imigrantes.



Categoría: Xeral