Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


NSS: DECISIÓN DISCRIMINATÓRIA E INXUSTA

A xustiza divina da Sra. Booth

21 de Febreiro de 2010

A Sociedade Secular Nacional (NSS nas suas siglas en inglés) apresentou unha reclamación perante a Oficina de Queixas Xudiciais contra Cherie Booth, esposa do ex primeiro ministro británico Tony Blair, por ter suspendido unha condena de seis meses de cárcere alegando a condición relixiosa do acusado.
"Vou suspender a sentenza por un período de dous anos porque é V. unha persoa relixiosa e até agora non tivo problemas con a xustiza ", anunciou a sra. Booth, xuíza do caso. "Causou fracturas leves no queixo a un cidadán que estava na fila do Lloyds Bank. É V. un home relixioso e sabe que ese comportamento é inaceitável",  amoestou maternamente o acusado.
Segundo Terri Sanderson, presidente da NSS, que vela pola separación de poderes entre as igrexas e o estado, a decisión foi "discriminatória e inxusta". "Que tería pasado" -pergunta-se-  se o agresor fose ateu?". 
A Oficina de Queixas Xudiciais, unha instituición criada hai agora catro anos para estudar as demandas contra os membros da xudicatura, poderia pedir à Sra. Booth unha explicación por escrito, Tamén, en última e improvável instáncia, poderia designar un xuiz para abrir dilixéncias e decidir unha sanción disciplinária.



Categoría: Xeral