DANILO ZOLO NA GALIZA
A xustiza dos vencedores a debate
30 de Abril de 2009
Entre o 6 e 8 de Maio estará en Galiza Danilo Zolo, catedrático de Filosofia de Direito Internacional na Universidade de Florenza , director da Rivista di filosofia del diritto internazionale e della politica globale Jura Gentium e autor de unha extensa obra sobre temas relacionados con a xurisdición universal, a agresión sionista a Palestina, as cortes penais internacionais, intervencións militares, etc,
As suas intervencións terán lugar no Consello da Cultura Galega, no Paraninfo da USC, na Fundación Araguaney e na Faculdade de Direito da Universidade da Coruña.
O dia 7, nos locais da Fundación Araguaney, terá lugar un encontro con xornalistas organizado pola própria Fundación en colaboración con EsCULcA.
Categoría: Xeral |
