FALLO INCONSISTENTE E AFIRMACIÓNS INCONEXAS
Absolvidos polo TS cinco xovens condenados pola AN
07 de Xullo de 2010
O Tribunal Supremo español absolveu cinco mozos que foran condenados a cinco anos de prisión acusados de distribuíren a publicación Zutabe de ETA e criticou duramente a Audiéncia Nacional pola inconsisténcia do seu fallo.
O tribunal especial considerou provado que os cinco xovens "sen formaren parte do sub-aparato de propaganda e comunicación da organización terrorista ETA, mais compartindo os seus obxectivos" dedicaran-se "entre outros fins de axuda à banda citada, à distribuición dos Zutabes, órgao de expresión de aquela".
O Supremo considera no entanto que "o que teria que ter sido unha apresentación ordenada e sistemática das aportacións provatórias, e unha valoración primeiro analítica e despois de síntese das mesmas, aparece substituído por algunhas inconexas afirmacións de síntese cuxos antecedentes non se precisan pois, en xeral, falta información expresa ao respeito".
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
