Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DECLARACIÓN DA REDE EUROPEA DE DIREITOS CIVIS

Alertan contra o Programa de Estocolmo

25 de Abril de 2009

A Rede Europea de Direitos Civis, coalición europea de colectivos que traballan na defensa das liberdades públicas e os direitos fundamentais, entre eles EsCULcA, fixo público unha Declaración en que chama a sociedade civil a expresar a sua opinión sobre o Programa de Estocolmo -onde se fixa a axenda da UE en matéria de Xustiza e Interior para o período 2010/2014. Tamén chama a REDC a traballar pola consecución de unha Europa democrática.

"As liberdades públicas e a democracia sofren nestes momentos un ataque sen precedentes e nunca houvo maior necesidade de contestación colectiva a estas ameazas" -afirma-. "A UE criou controlos de fronteira militarizados, políticas de imigración discriminatórias, reximes de vixiláncia obrigatórios e proactivos, alén de unha politica de seguranza exterior e defensa cada vez mais agresiva. Estas políticas, que en si mesmas constituen un ataque contra as liberdades civis e os direitos humanos, serán ampliadas antes de fin de ano mediante o Programa de Estocolmo.



Categoría: Xeral