Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O PENAL DA LAMA ENTRE OS PRIMEIROS

Alto índice de suicídos nos cárceres do R.de E.

01 de Xullo de 2010

"Un total de 104 presos suicidáronse nos cárceres españois entre os anos 2005 e 2008 e preto de 850 internos faleceron por causas naturais no mesmo período de tempo, segundo o informe do Defensor do Pobo correspondente ao pasado exercicio. Neste documento alértase ademais de que tres centros penais como o cárcere de Zuera (Zaragoza), o da Lama (Pontevedra) e o Psiquiátrico Penal de Alacante concentran un 36% dos suicidios.

Segundo os datos facilitados por Institucións Penais, deronse 33 casos deste tipo en 2005, 25 en 2006, 27 en 2007 e 19 en 2008. “Constatouse que nos Centros Penais de Zaragoza, A Lama e o Psiquiátrico Penal de Alacante concéntrase unha porcentaxe elevada de suicidios cando só aloxaban o 4% da poboación penal de 2008 concentran o que levou á Institución a animar a un estudo máis profundo das causas que puidesen dar lugar a esta realidade”, explica o informe.

No que se refire á evolución do número de suicidios, o Defensor do Pobo recoñece “o traballo desenvolvido pola Secretaría Xeral de Institucións Penais para reducir os falecementos por suicidio” nas cárceres.

Con todo engade que “este recoñecemento positivo non é óbice para que tamén de forma constante se recordese a necesidade de manter a atención sobre esta faceta da xestión”.

Pola súa banda, en relación aos falecementos por causas naturais, os datos achegados indican que entre os anos 2005 e 2008 morreron nas prisións españolas un total de 846 presos. En concreto, 201 internos faleceron en 2005, 218 en 2006, 202 en 2007 e 225 en 2008. A taxa por 1000 internos foi do 3,8 ao 3,7.", informa xornal.com .



Categoría: Xeral