Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


COMÉRCIO ILEGAL DE ARMAS

Amnistia acusa o Consello de Seguranza da ONU

22 de Xullo de 2010

Coincidindo con o reinício da primeira rodada de deliberacións sobre o contido do proposto Tratado Internacional de Comércio de Armas, Amnistia Internacional acusa os cinco membros permanentes do Consello de Seguranza da ONU de facilitar o transporte de armas convencionais e bombas de fragmentación pra países onde poden ser usadas para cometer violacións dos direitos humanos e crimes de guerra.
Alguns dos exemplos destacados no estudo de A incluen envios de bombas de fragmentación por parte de unha transportadora alemá en barcos británicos. As armas foron enviadas da Corea do Sul para o Paquistán entre Marzo de 2008 e Febreiro de 2010, para uso do exército dese país na Ásia meridional. Tamén cita o exemplo de pezas de metralladoras e armamento antiaéreo da Bulgária enviadas en Setembro de 2008 en vóo regulares de pasaxeiros da empresa Air France, de Sofia para o aeroporto Charles de Gaulle. O envio seguiu despois por via aére para Nairóbi, con destino a Kigali, en Ruanda.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral