REACCIÓN CONTRA O SECRETISMO DO GOVERNO
Anteproxecto de Lei de Aceso à Información
18 de Agosto de 2010
O anúncio da intención do governo español de aprovar o próximo dia 20 o anteproxecto da chamada "Lei de Transparéncia e Aceso dos Cidadáns à Información Pública", suscitou de imediatoa reacción da plataforma Access Info Europe.
"Hasta o momento toda a información que temos sobre esta lei procede de filtracións nos meios de comunicación", adverten. "Esta é precisamente a cultura que tenque mudar para permitir que os cidadáns fiscalicen o governo e participen na tomada de decisións de unha maneira digna de unha democracia oderna", comentou helen Darbishire, directora de Access Info.
O Reino de España é o único estado de Europa con mais de un millón de habitantes que ainda non garante o direito de aceso à información pública e, segundo a información divulgada por alguns meios, mesmo con a nova lei, continuará estando por atrás de muitos outros estados nalguns aspectos. Por exemplo, o tempo que terán a instituicións públicas para contestar, que será de 30 dias, con posibilidade de o prolongar até 60, é mui superior à média europea (14,5 días).
"Como cidadáns, cando recebemos cartas da administración, temos como regra 10 dias para responder. Parece razoável esixir paridade neste sentido", afirma Darbishire.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
