DESPOIS DAS AMEAZAS DO GOVERNO ISRAELITA
Apoio legal à Frota a Gaza
27 de Maio de 2010
O Legal Team Europa (LTE), asociación formada por xuristas da AED (Advogados Europeus Democratas), cuxo principal obxectivo é velar polo libre exercício da actividade política, social e representativa de todas as persoas e as suas organizacións, fixo público un comunicado o pasado 25 de Maio en que anuncia que velará polo respeito dos direitos humanos, o direito internacional e a integridade dos bens e persoas que integran a Flotilla a Gaza.
O LTE denuncia o perigo que supoñen para a integridade das 600 persoas que participan nesta iniciativa as recentes ameazas do governo israelita, que manifestou a sua decisión de impedir por todos os meios posíveis (mesmo a forza) a chegada das naves à Faixa e a entrega do material que transportan.
"No caso de se producir unha violación de direitos, tomaremos todas as medidas precisas para que eses eventuais crimes sexan adecuadamente sancionados en sede xudicial nacionnal e internacional", afirma o LTE no seu comunicado.
Categoría: Xeral |
