CENSURADA A BANDEIRA PALESTINA EN ZARAGOZA
Aprendendo do MOSSAD
28 de Agosto de 2009
O pasado dia 26,un grupo de activistas do Foro Palestina Libre de Zaragoza foi desaloxado de un estádio por exibir bandeiras de Palestina e corear consignas a favor da liberdade do seu povo no decurso de un encontro da selección de baloncesto española contra a israelita.
Segundo denuncia o Foro, axentes da polícia española supervisionados por axentes do MOSSAD (servizo secreto de Israel) procederon a desaloxar os activistas nun acto de forza desproporcionada. A maioria deles foron levados à porta do estádio onde se procedeu à sua identificación e outros 5 foron transladados aos tunéis dos vestiários onde foron retidos ilegalmente e submetidos a rexistos, ameazas, incomunicación e tratamentos vexatórios.
No público outras persoas exibian tamén bandeiras (españolas e israelitas) sen que os axentes fixesen nada ao respeito, informa Rebelión.
Categoría: Xeral |
