COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN E DENÚNCIA DA TORTURA
Apresentación do Sexto Relatório Anual
25 de Xuño de 2010
Hoxe, en Madrid, a Coordenadora para a Prevención e Denúncia da Tortura (CPDT) apresentou o seu sexto Relatório anual sobre a tortura no Reino de España correspondente ao ano 2009. No documento apresentan-se 242 situacións de denúncia que afectaron 624 persoas. Durante a conferéncia de prensa o portavoz estatal da CPDT, Jorge del Cura, reseñou os aspectos mais importantes do relatório en relación ao número de denúncias, a distribuición xeográfica das mesmas, a distribuición das denúncias segundo as circunstáncias das persoas agredidas asi como o corpo de funcionários denunciado.
Despois desta introdución, foron comentadas algunhas cuestións específicas.
O portavoz da CPDT en Euskal Herria, Carlos Hernández, falou sobre as situacións de denúncias por agresións e/ou coaccións sexuais sob custódia. Entre os anos 2000 e 2009, 140 persoas denunciaron en cárceres, comisarias e centros de menores este tipo de situacións, que aumentaron en casos de incomunicación e que son especialmente graves en relación às mulleres presas ou sob custódia do Estado.
A seguir, Luís Ocaña, portavoz da CPDT en Andalucia, comentou a incidéncia das novas ordenanzas municipais nas situacións de denúncias por agresión, especialmente contra as polícias locais.
Pola sua parte, Lluïsa Domingo, portavoz da CPDT en Catalunya comentou as cada vez mais frecuentes situacións de criminalización e acoso aos defensores de Direitos Humanos, especialmente a quen apoia persoas que denuncian por torturas. Asi mesmo comentou o feito de se manter o número de denúncias en Catalunya e contra os Mossos d'Esquadra, apesar da colocación de cámaras de vídeo-vixiláncia nas comisarias. As denúncias, explicou, deslocaron-se às actuacións realizadas na rua ou en veículos de patrulla, antes de se chegar aos espazos controlados polas cámaras.
Finalmente, Jorge del Cura tomou novamente a palabra para cuestionar o nomeamento da Defensoría del Pueblo como Mecanismo Nacional de Prevención de la Tortura, dado que o seu mandado impede a correcta realización desta función e a sua eleición non respondeu aos critérios estabelecidos polos mecanismos internacionais correspondentes. De resto, a Defensoría nega-se a recoñecer e vixiar as situacións de denúncia en rexime de incomunicación, un espazo especialmente sensível a estas situacións e cuxa abolición foi numerosas veces reclamada por organismos internacionais e colectivos estatais de denúncia e prevención da tortura.
Tanto o presente relatório como o dos anos anteriores poden ser consultados en: http://www.prevenciontortura.org
Coordenadora para a Prevención e Denúncia da Tortura
Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT) / Alerta Solidària / Asociación APOYO / Asociación EXIL / Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans / Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento / Asociación Contra la Tortura / Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia / Asociación Libre de Abogados / Associació Memòria Contra la Tortura / Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía / Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón (ASAPA) / Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos - Euskal Herriko Giza Eskubideen) / Centro de Asesoría y Estudios Sociales (CAES) / Centro de Documentación Contra la Tortura / Comissió de Defensa de Drets Humans del Col.legi d'Advocats Barcelona / Comisión de Derechos Humanos del Colegio de Abogados de Baleares / Comité Anti-Sida de Lugo / Concepción Arenal / Coordinadora Antirrepressiva de Gràcia / Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá / Coordinadora de Barrios de Madrid / Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas / Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) Eskubideak (Euskal Abokatuen Elkartea) / Etxerat (Euskal Errepresaliatu Politikoen Elkartea) / Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga / Federación Enlace / Fundación Érguete / Grupo 17 de Marzo, Sociedad Andaluza de Juristas para la defensa de los DDHH individuales y Colectivos / Gurasoak / Institut Drets Humans de Catalunya / Justicia i Pau / Movemento polos Dereitos Civis / Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la UB / PreSOS Extremadura / PreSOS Galiza / Rescat / SalHaketa (Bizkaia) / SalHaketa (Araba) / Santurtziko Torturaren Kontrako Taldea / Sos Racisme Catalunya / Subcomisión Penitenciaria del CGAE / Torturaren Aurkako Taldea / Xusticia e Sociedade.
Categoría: Xeral |
