PAÍS VASCO E NORTE DE IRLANDA
Autodeterminación, proscrición e DD.HH. na UE
29 de Xuño de 2009
O 10 de Abril de 1998, con o apoio da esmagadora maioria, O Norte e o Sul de Irlanda recoñeceron o direito de autodeterminación do povo irlandés. O recoñecimento deste direito polo governo do Reino Unido era unha das reclamacións centrais do Sinn Fein, partido nunca ilegalizado polo governo británico e con cuxos dirixentes asinou o histórico Acordo, solución progresista que se repetiu por toda Europa.
Non no Reino de España, onde existe unha lei de partidos posta en causa por numerosos xuristas e representantes de organismos internacionais. Entre eles, o relator da ONU Marin Scheinin que manifestou a sua preocupación despois da visita realizada ao Reino de España o pasado ano.
Agora, un grupo de asociación europeas. entre elas Statewatch, organizan várias xornadas de reflexión e debate sobre as diferentes lexislacións, as vias de solución dos conflitos e a situación dos direitos humanos en Euskal Herria e Irlanda do Norte.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
