Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


RELATÓRIO DA COMISIÓN INTERNACIONAL DE XURISTAS

Avaliar danos, urxir medidas

23 de Febreiro de 2009

A Comisión Internacional de Xuristas, fixo público o 16 de Febreiro o relatório Avaliar os danos, urxir medidas, fruto de tres anos de traballo. Na elaboración do documento participou unha equipa de eminentes xuristas que realizou numerosas entrevistas en mais de 40 estados de todas as rexións do mundo.

A suas conclusións son desalentadoras.

"No curso a investigación" -afirma Arthur Chaskalson, Director do traballo e primeiro Presidente do Tribunal Constitucional de Sul África- "o que mais nos surprendeu foi a envergadura do dano que durante os últimos sete anos ocasionaron as medidas abusivas tomadas por un elevado número de estados de todo o mundo".

O Relatório ilustra as consecuéncias de práticas tristemente célebres como a tortura, as desaparicións, as detencións arbitrárias e secretas, os xuízos sen garantias, a persistente impunidade de graves violacións de direitos humanos, etc. e adverte do perigo de as medidas excepcionais que toman os governos temporalmente acabar convertendo-se na lei e na prática social, mesmo nas sociedades democráticas.

Ver aqui o relatório completo.



Categoría: Xeral