Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


APRENDENDO A EXCULPAR-SE

Axentes municipais, xuiz e fiscal ensaian xuízos

26 de Abril de 2009

O pasado 22 de Abril, a Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) enviou escrito ao Consello Xeral do Poder xudicial e ao Fiscal Xeral do Estado con motivo da publicación no xornal El Punt (01/03/2009) da notícia da celebración, na cidade de Sabadell, de unha "simulación de xuízos contra axentes da polícia" con o propósito de "corrixir erros nas detencións e à hora de declarar".

Trataria-se de proporcionar aos axentes eventualmente imputados por agresións a persoas detidas pautas sobre como declarar para facer verosímeis as suas alegacións exculpatórias e sobre que atitude que convén manter nos tribunais.
Nos simulacros, alguns sobre feitos xulgados na Audiéncia Provincial de Barcelona polos que foron condenados axentes dos Mossos d'Esquadra como autores de lesións dolosas a un detido, terian intervido o próprio xuiz decano e o fiscal, togados e lucindo insígnias xudiciais.
Ver aqui o escrito completo e aqui a notícia aparecida no xornal El Punt.



Categoría: Xeral