Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


BOTADOS AO MAR CON O SALVAVIDAS FURADO

17 de Marzo de 2008
O Fiscal Xeral do Estado ordenou investigar presumíveis delitos de homicídio por imprudéncia cometidos por tres guardas civis de Ceuta que furaron os salvavidas de catro imigrantes aos que lanzaron ao mar. Un deles, senagalés de 29 anos, berrou que non sabia nadar mais os axentes botaron a rir e el acabou afogando, denuncia a CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado).

“Cando os imigrnates chegaron à costa marroquina de Ben Youness, a guarda deste país negou-se a aceitar o que apresentava “signos claros de agonia”, polo que a Guarda Civil chamou unha ambuláncia de Ceuta, que tardou case unha hora en chegar. O home foi levado en padiola através da cancela fronteiriza, non pola fronteira oficial.”, informa La Voz de Galicia.

Categoría: Xeral