CEUTA E MELILLA UN ANO DESPOIS
06 de Novembro de 2006
Amnistia Internacional acaba de facer público un documentado relatório sobre graves violacións de direitos humanos contra persoas migrantes e solicitantes de asilo que tentan atravesar a fronteira entre Marrocos e o Estado español nos enclaves de Ceuta e Melilla. Entre estas violacións salientan o uso de forza excesiva por parte de funcionários encarregados de facer cumprir a lei, expulsións colectivas ilegais, violacións do princípio de non devolución e mesmo homicídios, que se comenten nun clima de impunidade de que fan responsáveis os respectivos governos.Ler aqui o Relatório completo.
Categoría: Xeral |
