COMITÉ EUROPEU INVESTIGARÁ DETENCIÓNS ILEGAIS DA CIA
16 de Xaneiro de 2006
A Conferéncia de Presidentes da UE acordou designar un comité do Parlamento Europeu para investigar as denúncias de detención e translado ilegal de prisioneiros nos países da Unión. Esta decisión terá que ser agora respaldada polo Parlamento Europeu que votará unha resolución o próximo dia 18 de Xaneiro en Estrasburgo.O Comité deverá investigar se a CIA ou outros servizos de intelixéncia dos EUA cometeron actos ilegais (secuestros, detencións en centros secretos, tortura, maus tratos, etc.) en estados membros da UE ou candidatos à integración. Tamén investigará se algunha infraestrutura destes estados, aeroportos por exemplo, foi utilizada para realizar vós procedentes ou con destino países en que se pratican estas violacións dos direitos das persoas.
Categoría: Xeral |
