Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CONCENTRACIÓN EN LUGO

07 de Xuño de 2006
O 17 de xuño, ao pé da muralla de Lugo, terá lugar unha concentración convocada pola Comisión de Denúncia da Galiza contra as condicións do cárcere de Monterroso e as frecuentes mortes de persoas internas en centros custodiados polo estado.

Sob o lema “Non mais mortes baixo custódia”, o colectivo convoca este acto non só para denunciar o elevado número de mortes de persoas presas senón tamén as condicións infra-humanas do centro penitenciário lugués: falta água quente, insuficiéncia dos servícios médicos e atitude neglixente dalguns facultativos, contínuas denúncias por maus tratos e torturas, etc.

Categoría: Xeral