CONCENTRACIÓN POLA MORTE DE X. TARRIO
03 de Setembro de 2006
Texto da convocatória da concentración organizada pola Comisión de Denúncia de Galiza en protesta polo tratamento que os servizos médicos do Centro Penitenciário de Teixeiro dispensaron a Xosé Tarrio, morte neste cárcere o 2 de Xaneiro de 2005.“Xosé Tarrío morreu de cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumplir condena de 2 anos e medio. Tivérono 14 anos na cadea, 12 deles en AILLAMENTO. Sendo portador i enfermo do VIH desde 1989, Xosé non recibiu tratamento axeitado con medio corpo paralizado. Os servicios médicos do Centro Penitenciario de Teixeiro recéntanlle unha aspirina “dicindo que era gripe”. Varios meses despois, o ingresan no Hospital Xoán Canalexo de A Coruña onde outro erro máis no diagnóstico, provocou e acelerou a súa morte.”
Lugar, dia e hora da concentración: 27 de Setembro. Às 12:00 horas. Diante do SERGAS. Edifício Administrativo de San Lázaro. Compostela.
Categoría: Xeral |
