Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CONCENTRACIÓN PROIBIDA

23 de Marzo de 2007
A Subdelegación do Governo na Coruña comunicou esta mañá à Comisión de Denúncia de Galiza a proibición da concentración/marcha que esta plataforma tiña previsto realizar o dia 24 diante do Hospital Juan Canalejo (às 12 horas) e diante da própria Subdelegación do Governo (às 16.30 horas) para reclamar o esclarecimento das circunstáncias en que hai agora dous anos morreu Xosé Tarrio.

"Xosé Tarrío morreu no cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumprir condena de 2 anos e medio. Tivérono 14 anos na cadea, 12 deles en AILLAMENTO. Sendo portador i enfermo do VIH desde 1989, Xosé non recibiu tratamento axeitado con medio corpo paralizado. Os servicios médicos do Centro Penitenciario de Teixeiro recéitanlle unha aspirina “dicindo que era gripe”. Varios meses despois, o ingresan no Hospital Xoán Canalexo de A Coruña onde outro erro máis no diagnóstico, provocou e acelerou a súa morte.”

Categoría: Xeral