CONSELLO DE DIREITOS HUMANOS DA ONU
12 de Maio de 2006
Despois da eleición dos seus membros, hoxe entrará en funcionamento o novo Consello de Direitos Humanos da ONU que substitui a anterior Comisión de Direitos Humanos, organismo que, en palabras do próprio Secretário Xeral, Kofi Annan, “perdera o norte convertendo-se, en boa medida, nun foro utilizado polos infractores dos direitos humanos para conspiraren e se protexeren uns a outros”, un organismo onde “se atacava alguns países en particular encanto se facia caso omiso das vulneracións de direitos humanos noutros”.
OBXECTIVOS. O Consello ten como propósito ser o principal foro da ONU para o diálogo e a cooperación en matéria de Direitos Humanos, centrado en axudar os Estados membros a cumpriren con as suas obrigacións através do diálogo, o desenvolvimento de capacidades e a asisténcia técnica. Fará asi mesmo recomendacións à Asemblea Xeral para impulsionar un maior desenvolvimento do Direito Internacional.
ANTECEDENTES. A sua criación foi aprovada o 15 de Marzo para substituir a anterior Comisión de Direitos Humanos. Votaron en contra apenas 4 países: Estados Unidos, Israel, Palau e as Ilas Marshall. Dispuxo-se que o 9 de Maio se celebrasen eleicións para seren designados os seus membros e a primeira reunión do novo organismo terá lugar o próximo 19 de Xuño.
MAIOR RELEVO E MAIS FUNCIÓNS. O órgao será un Consello con plenos poderes e dependente só da Asemblea, ao igual que o Consello de Seguranza ouo o Consello Económico e Social- Por outra parte, tamén está encomendado de contribuir à prevención das violacións do dieitos humanos, encanto que a Comisión se limitava a reaxir perante esas violacións.
MUDANZA NO SISTEMA DE ELEICIÓN. Os 43 membros son elexidos directamente por todos os estados das Nacións Unidas e precisan a maioria absoluta. Na anterior Comisión, os membros non se votavan senon que eran elexidos por grupos. A distribuición dos membros realiza-se dunha maneira xeograficamente equitativa: 13 do grupo africano, 13 do grupo asiático, 6 do grupo de Europa oriental, 8 do grupo de América Latina e o Caribe e 7 do grupo de Europa ocidental e outros estados. O español non apresentou candidatura.
MAIOR CONTROLO. Requere-se aos membros provaren unha traxectória na defensa dos direitos humanos, poderen ser supervisados por un mecanismo universal, cooperación total con o Consello e a obrigación de se reuniren tres veces por ano. Aliás, o seu cargo durará tres anos e os seus priviléxios poderán ser suspendido, encanto os membros da Comisión non tiñan limite de permanéncia no posto e os seus priviléxios non podian ser cancelados.
PREOCUPACIÓN DAS ONGs. Várias organizacións (Human Rights Watch e Amnistia Internacional) mostraron antes da eleición o seu temor a que resultasen eleitos estados con pésimos historiais de respeito das liberdades. Reporteiros sen Fronteiras manifestou que, caso de seren elexidos alguns estados que conforman o grupo de “grandes depredadores da liberdade de prensa”, o Consello careceria de credibilidade.
RESULTADOS DA ELEICIÓN
ESTADOS DE ÁFRICA: Arxélia, Camerun, Dxibouti, Gabón, Gana, Mali, Marrocos, Maurício, Nixéria, Senegal, Sudáfrica, Tunícia e Zámbia.
ESTADOS DE ÁSIA : Arabia Saudi, Barein, Bangladesh, China, Filipinas, Índia, Indonésia, Xapón, Xordánia, Malásia, Paquistán, República de Corea e Sri Lanka.
ESTADOS DE EUROPA ORIENTAL Azerbaián, Federación de Rúsia, Polónia, República Checa, Roménia e Ucránia.
ESTADOS DE AMÉRICA LATINA E O CARIBE: Arxentina, Brasil, Cuba, Ecuador, Guatemala, México, Peru e Uruguai.
ESTADOS DE EUROPA OCIDENTAL E OUTROS ESTADOS: Alemaña, Canadá, Finlándia, Franza, Países Baixos, Suiza e Reino Unido.
Categoría: Xeral |
