COOPERACIÓN UE-MARROCOS
31 de Outubro de 2007
“Na mañá do 26 de Outubro, entre as 4:00 e as 6:00 horas, as forzas de seguranza marroquinas efectuaron duas operacións de detención de grande envergadura de migrantes e solicitantes de asilo sul-saarianos, unha en Rabat e outra en Oujda”, asi comeza o manifesto asinado por diversas asociacións civis que denuncian as condicións en que se producen estes arrestos masivos, o translado das persoas detidas à fronteira arxelina, o secretismo do governo marroquino que non facilita o nome destas persoas, o incumprimento dos convénios internacionais e o papel de Marrocos na defensa das fronteiras da UE contra os fluxos migratórios.
Categoría: Xeral |
