Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CORTESIA EUROPEA

20 de Decembro de 2005
Desde 1998 existe un acordo informal entre a UE e os EUA para permitir que vóos procedentes ou con destino a este último país podan facer escalas técnicas en aeroportos europeus. Os EUA solicitaron na altura poder usar estas instalacións para transladaren persoas a África, Oriente Médio e Ásia. Sobre o alcance desta cooperación, nunca se publicou información algunha.

Un ano despois da invasión do Iraque tivo lugar unha reunión de funcionários de alto nível da UE e os EUA en que se trataron asuntos de Xustiza e Interior. Statewatch solicitou aceder a Acta desta reuión, celebrada en Atenas o 22 de Xaneiro de 2003 e recebeu un texto en que foran suprimidos vários parágrafos, "por cortesia con os EUA" segundo afirmaron os responsáveis. Entre os parágrafos suprimidos figurava este:

“Ambas as partes acordan (...) intensificar o uso das instalacións de tránsito europeas para facilitar a repatriación de criminais/estranxeiros inadmisíveis” (criminal/inadmissible aliens).

Mais nós agora podemos ler a Acta na íntegra, porque esta asociación deu a coñecer o texto completo, e compará-la con a versión censurada.

“Tanto ten se estes vóos son utilizados para transladar “criminais” e “estranxeiros inadmisíveis” ou se se utilizan para “entregas extraordinárias”, a cuestión é a mesma: Saben os governos da UE cantas veces o governo dos EUA utilizou os aeroportos europeus para escalas técnicas? Que aeroportos? Cantas persoas foron transladadas por esta via? Cantas delas eran “criminais” e cantas “estranxeiras inadmisíveis”? Se o saben, por qué non se nos permite aceder à información dos feitos e às cifras? E se non saben, por qué non o saben?”, pergunta Tony Bunyan, Director de Statewatch.

Categoría: Xeral