25 de Xullo en Compostela
Cargos civis novamente en actos relixiosos
24 de Xullo de 2010
Como todos os anos, EsCULcA dirixiu-se a diferentes persoas que ocupan cargos de responsabilidade institucional para lles facer chegar a nosa opinión negativa sobre a sua presenza en actos relixiosos, mais concretamente na cerimónia coñecida como Oferenda ao Apóstolo que se celebra cada 25 de Xullo na catedral católica de Compostela.
Por agora, só responderon ao noso escrito o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, quen alega para xustificar a sua asisténcia o feito de tratar-se de un convite do Alcalde da cidade, e a presidenta do Parlamento de Galiza, que nos fixo notar un erro importante no escrito enviado por EsCULcA para a seguir afirmar non ser competéncia sua indicar aos membros da Cámara os actos -institucionais ou de calquer outro tipo- a que deven ou non deven asistir. Nengun deles responde aos argumentos de EsCULcA.
Parece pois que, mais umha vez, teremos de asistir ao lamentável espectáculo de ver os representantes das instituicións civis vulnerando o mandado constitucional que veda calquer tipo de confusión entre funcións relixiosas e civis.
Carta ao Presidente da Real Academia Galega.
Carta ao Presidente do Consello da Cultura Galega
Carta ao Presidente da Xunta de Galiza
Carta à Presidenta do Parlamento de Galiza.
Carta ao Presidente do TSXG
Categoría: Xeral |
