EX PROCURADORA DO TRIBUNAL INTERNACIONAL PARA A ANTIGA XUGOSLÁVIA
Carla del Ponte investigada por suborno
24 de Agosto de 2010
Carla del Ponte, ex procuradora do Tribunal Internacional para a antiga Xugoslávia, será investigada por alegados delitos de suborno a testemuñas.
A Corte da Haia ordenou o pasado 18 de Agosto a abertura de unha investigación independente sobre as práticas de del Ponte e dous dos seus mais importantes colaboradores, Hildegard Ürtz-Retzlaff and Daniel Saxon, despois de ver as denúncias de presión, suborno, abusos e manipulación de provas apresentadas polas próprias testemuñas no caso de Vojislav Seselj.
"Algunhas ds testemuñas referen presións e intimidacións", afirma un dos maxistrados. "A procuradoria teria obtido alegadamente declaracións ilegais mediante ameazas, intimidacións ou subornos", informa The Guardian.
Categoría: Xeral |
