Delegado réxio
Carta aberta ao alcalde de Compostela
23 de Xullo de 2008
”Vemos publicado que se delegou na sua persoa e cargo de Alcalce de Compostela para acudir à catedral desta cidade facer unha oferenda ao Apóstolo Santiago en representación do Estado e que V. aceitou esa delegación. A oferenda, claro está, leva-se a efeito nun templo relixioso católico e en pleno acto litúrxico desta relixión.Xa que V. fixo declaracións públicas ao respeito, e pública vai ser a sua oferenda na basílica, ten de aceitar unha crítica, no ámbito público tamén, de cidadáns ou asociacións de cidadáns que queiran facé-la.”, afirma Fernando Martínez Randulfe (Presidente de EsCULcA) na Carta Aberta ao Alcalde que publica hoxe, 23.07.2008, en Xornal.com.
Categoría: Xeral |
