ARBITRÁRIA DECISIÓN DA DEPUTACIÓN DE SEVILLA
Comunicado da Coordenadora para a Prevención da Tortura
07 de Marzo de 2010
Despois que a Diputación de Sevilla decidira impedir que as IV Xornadas contra a Tortura pudesen continuar celebrando-se na Casa de la Provincia, a CPT fixo público un comunicado en que acusan o organismo provincial por ceder à chantaxe e desinformación de grupos de ultra-direita, xestionar de maneira arbitrária os espazos de titularidade pública pasando por riba dos procedimentos previstos e evidenciar o seu nulo compromiso con a defensa dos direitos humanos. A CPT anuncia tamén que iniciará accións xudiciais contra os responsáveis deste atropelo e o comunicará a instáncias internacionais de defensa dos direitos humanos e de erradicación da tortura
A tardia decisión da Deputación, cando xa comezaran con toda normalidade as Xornadas, parece responder a un artigo aparecido no xornal madrileño El Mundo en que se criticava a presenza de unha advogada vasca.
Categoría: Xeral |
