Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


EN RELACIÓN CON A MORTE DE UN PRESO EN 1994

Condenado o Reino de España por violación do PIDCP

24 de Abril de 2009

O Alto Comisionado para os Direitos Humanos da ONU condenou o pasado 20 de Marzo o Reino de España polo dano causado à família de un preso que faleceu en 1994 de sida complicada con tuberculose pulmonar e infección intestinal no penal santoñés de El Dueso.
O Reino de España é condenado por non ter avisado a família da gravidade do estado do interno, nen ter acedido à sua petición de que fose posto en liberdade condicional por doenza grave.
A ONU considera que a "atitude pasiva" que mantivo o centro penitenciário privou a família do preso, D.M.T., natural de Múrcia, de unha información que tivo para eles "un impacto significativo" e supón unha "violación" do Pacto Internacional de Direitos Civis e Políticos.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral