Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


RECURSO NO TRIBUNAL EUROPEU DE DD.HH.

Condenado por insultos a Hassan II

26 de Xaneiro de 2009

O Comité Mundial de Liberdade de Prensa e outras 6 organizacións internacionais, apresentou comentários legais ao Tribunal Europeu de Direitos Humanos en relación ao caso do xornalista español José Luís Gutiérrez, quen esgotou todos os recursos legais no Reino de España durante 12 anos de acoso xudiciário.

José Luís Gutiérrez foi procesado en 1996 por insultos ao rei Hassan II de Marrocos cando era director do desaparecido xornal Diario16.  A acusación baseaou-se nun artigo aparecido neste xornal en que se tratava o decomiso no porto de Alxeciras de cinco toneladas de haxixe encontradas nun camión propriedade da casa real marroquina. Apesar de se citaren fontes policiais e se demonstrar a veracidade da información, Gutierrez e Rosa Mª López, autora do artigo, foron sentenciados por catro cortes españolas. En Abril de 2007, o caso foi levado ao TEDH.

Mais información aqui aqui.



Categoría: Xeral